A Pobra do Caramiñal daralle a benvida á primeira noite do Entroido cunha Festa Drag que se suma ás actividades programadas para estas datas por parte do Concello.
A celebración terá lugar no 17 de febreiro, ás 23.00 horas, na praza do Emigrante coa música de Discomóbil Chocolate.
O concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), xunto coa súa homóloga dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), relata que se prosegue así na liña de diversifica-lo ocio nocturno dirixido á xuventude ao tempo que busca repercutir positivamente no sector hostaleiro.